CAMPANADAS DE FIN DE ANO

Hai pouco máis dunha década, as campanadas de fin de ano presentábaas un home vestido cunha capa do século 19. 

Agora preséntaas unha muller vestida de puta de estrada dun filme italiano dos anos 70.  

Vinte anos máis, e presentaráas o presidente do goberno en persoa, vestido de drag-queen, acompañado de catro ministros en plan Village People coas nádegas ao ar. 

O progreso é imparábel.

HABERÁ QUE CRER QUE DEUS EXISTE

Se a igrexa católica consegue sobrevivir despois de ter un papa arxentino, haberá que comezar a crer que Deus existe.

NON ESCARMENTAN

Despois do caso Luis Rubiales, de gran resonancia nun mundo famento de asuntos fondamente transcendentes dos que ocuparse, aínda hai quen se atreve a facer estas celebracións de vitoria, unindo á problemática postura ese aceno de rica polisemia co brazo.

O CELTA E A CONFIANZA

 

Huuuui... Pois se para ter confianza hai que darse á bebida, mal imos.

 (Imaxe: CRTVG)

INFORMACIÓN BÉLICA

Cando un xornalista emprega unha terminoloxía sectaria para contar un conflito bélico, non está a vender información senón propaganda.

A MULLER OCCIDENTAL

 

 

Nas mulleres occidentais cúmprese o vello principio que di:

Canto menor é a opresión, maior é a sensación de sentirse oprimidos.

PATRICK MODIANO

 

 

 

 

Pregúntome como sería a obra literaria de Patrick Modiano se o pasado non existise e as rúas, en lugar de teren un nome, se identificasen só mediante un número.

MANTENDO AS TRADICIÓNS

Séntase a xantar nun restaurante galego, non ve ningunha mosca voando arredor da mesa nin mosquito ningún voando arredor do vaso e, indignado, presenta unha reclamación.

GRANDE VLADIMIR

O 23 de xuño pasado, o xefe dos mercenarios Wagner, Yevgueni Prigozhin, rebelábase contra o poder central ruso.

O 23 de agosto, xusto dous meses depois, Prigozhin morría nun accidente de aviación.

Reconforta ver que o gran Vladimir non perde reflexos co paso dos anos. Só sesenta e un días lle levou a resolver completamente o problema.

 

LECTURAS RECOMENDABLES

Na Rusia postsoviética, coas mafias político-económico-criminais impóndose no país, algúns oligarcas deciden buscar un home enérxico, ao gusto do pobo ruso, para que dirixa a nación, poña orde e, de paso, defenda os intereses dos oligarcas que lle van dar o poder.
 
Escollen un home dos Servizos de intelixencia, Putin, pola súa experiencia e carácter, ao que esperan ir axeitando para que exerza o papel que para el teñen previsto.
 
O problema máis importante naqueles días constituíano os Chechenos, quen, para atinxiren a independencia da súa república, levaran o terrorismo a Moscova causando centos de mortos ao voaren edificios civís.

Cando os asesores lle advirten ao elixido que ande con ollo con ese asunto, pois xa lles complicou o mandato aos seus antecesores, el responde que solucionará o problema porque vai combater os chechenos, mais non ao estilo americano, con ataques cirúrxicos a obxectivos determinados, senón cunha guerra tradicional, é dicir: unha guerra sen prensa na que calquera individuo ou propiedade será un obxectivo bélico e os posibles danos colaterais non se terán en conta.

Quen o escolleron comezan a comprender que o monicreque que crearon axiña romperá as cordas e que, no futuro, oporse aos seus desexos vai resultar perigoso e mortal.

Interesante novela sobre as comenencias, os intereses, as mentiras e as manipulacións do poder escrita por un autor con experiencia no tema.

Segundo un criterio bastante xeralizado, Le mage du Kremlin debeu levar o premio Goncourt do 2022. A liga da igualdade e bos costumes decidiu, conforme aos tempos de posturismo que corren, darllo a Brigitte Giraud por Vivre vite, obra definida por un membro do xurado como unha noveliña de pobre escritura.

HETEROSEXUAIS, ESPECIE PROTEXIDA

Considerando a alarmante penuria demográfica de Galicia, a Xunta debería declarar, con carácter de urxencia, os heterosexuais como especie protexida, e crearlles hábitats de lecer propios que facilitasen o seu apareamento e superviviencia.

TEORÍAS IRREBATIBLES

 

 A forza de silenciar todas as opinións contrarias a unha teoría, acabamos crendo que a teoría é incontestable e mundialmente aceptada.

TEN VOSTEDE UN ÚTERO?

Nalgunhas universidades do chamado mundo occidental acordaron que a existencia de xéneros sexuais é un calote puramente cultural que non se corresponde con nada da realidade, con nada da natureza. Consecuentemente, falar de homes e de mulleres, de masculino e feminino, é un convencionalismo arcaico e reaccionario do que se debe fuxir. 

O anterior, inflúe na linguaxe con resultados coma estes:

Programa de festas do ano 2021 nunha poboación catalá:

«Veciños e veciñas traballaron con entusiasmo para que estas festas sexan...»

Programa da mesma poboación no 2023:

«O tecido social e cultural [da vila] entregouse de cheo para a celebración destas festas...»

Os veciños e veciñas son agora un amorfo tecido social.

Obsérvese que o tecido cultural e o tecido social parecen ser dous elementos diferentes, o que alegrará os culturetas, convencidos como están de seren o pulmón do mundo.

Máis chocante é o caso do goberno belga, quen, para eludir a palabra muller nunha campaña de prevención do cancro de útero, empregou este slogan:

Está vostede entre os 25 e os 64 anos e ten vostede un útero?