Amosando publicacións coa etiqueta a gaitada do día. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a gaitada do día. Amosar todas as publicacións

O COMITÉ OLÍMPICO REUNIDO DE URXENCIA

A política Ione Belarra acaba de pedirlle ao goberno que España non participe nos xogos olímpicos de París se o fai Israel.

Ante esta proposta, o Comité Olímpico Internacional reuniuse urxentemente e creou un gabinete de crise para estudar a evolución dos feitos.

Ao ser España a máxima potencia deportiva mundial a nivel olímpico, en caso de que finalmente decidise non participar, o COI consideraría a posibilidade de suspender a celebración das olimpíadas este ano, pois, como manifestou un alto membro dese comité:  Uns xogos olímpicos sen España non terían interese ningún. Serían como unha tortilla sen ovos ou unha cunilingua sen lingua nin cona. 

Ah, Ione Belarra, por se alguén non o sabe, é esa política que celebra os seus mitins electorais no interior dunha cabina de teléfonos, que é o espazo que precisa para meter o conxunto dos seus electores comodamente sentados.

ROBESPIERRE E NAPOLEÓN

«Napoleón, que era Robespierre montado a caballo...», escribiu Raúl del Pozo o outro día, e supoño que quedou tan satisfeito desa gaitada.

Napoleón e Robespierre, á parte de seren franceses os dous, non tiñan case nada en común nin no carácter, nin na moral nin na ideoloxía.  


Robespierre era rancoroso, inseguro e covarde. Nos acontecementos transcendentes para a Revolución (o asalto ao palacio real, por exemplo) agochábase durante uns días para reaparecer cando o perigo e a incerteza pasaran e apropiarse do acontecido como se el estivese en primeira liña. Napoleón era un home seguro de si mesmo, ousado e resolutivo.


Moralmente, Robespierre era un rigorista puritano e inflexíbel que se propuña crear a república da virtude.  Napoleón, pola contra, era un militar ambicioso e con poucos miramentos que pretendía construír un imperio. A disparidade dos obxectivos ilustra ben a diferenza de caracteres.


Ideoloxicamente, Robespierre era antimonárquico e un republicano extremista, mentres que Napoleón era un conservador pragmático e absolutista que se ben defendía a república, creou o imperio –realmente unha monarquía con seus títulos de nobreza– e casou cunha arquiduquesa.


De teren cadrado no tempo as súas puxanzas –na

época de Robespierre, Napoleón era un simple tenente, aínda que contribuíu á desfeita dos xacobinos–, o primeiro tentaría arredar ou guillotinar o segundo, como fixo con outros xenerais dos anos iniciais da Revolución cando estes comezaron a ter ambicións ou amizades perigosas para a República, e o segundo serviríase de Robespierre mentres lle fose de proveito e logo afastaríao do poder e prescindiría del.

De calquera xeito, tanto o un coma o outro considerarían unha aldraxe persoal a comparación, obviamente por motivos moi diferentes.