Agradécese o amábel comentario de Ramón Nicolás sobre O soño das andoriñas, publicado en Caderno da crítica.
Para lelo, clica na imaxe.
Agradécese o amábel comentario de Ramón Nicolás sobre O soño das andoriñas, publicado en Caderno da crítica.
Para lelo, clica na imaxe.
Eu, aos amigos, só lles pido unha cousa: que sexan totalmente xenerosos comigo e que non teñan o egoísmo de esperar algo a cambio.
Como dicía Topor:
Onte saín e hoxe fiquei na casa. Non notei ningunha diferenza. Mañá probarei outra cousa.
(Prensa: Un xabaril
paseu por todo o centro histórico de Lugo o xoves pola noite).
Que nivel está a acadar o xabaril galego! Xa fai percorridos culturais polos centros históricos.
Isto do turismo é un fenómeno cada día máis universal e complexo.
(Foto: El Progreso)
Resposta dun mediático crítico francés ao preguntarlle a súa opinión sobre un escritor conterráneo:
É o mellor vendedor de libros de Francia.
Se ti non es a solución ao problema que o señor McEwan ten en Shoshone, Idaho, coa señora McEwan, é que o problema es ti, así que procura que iso non chegue a ouvidos do señor McEwan, porque é un home irascíbel e de gatillo fácil.
Unha frase oca e pseudotranscendente, aínda que se escriba en mil paredes, segue a ser unha frase oca e pseudotranscendente.Decidirase por fin a esquerda europea en 2026 a presentar programas realistas e críbeis ou, cada vez que haxa eleccións, continuarán a contarnos, por vixésimo ano consecutivo, o conto de: Ou nos votades a nós, ou virá un lobo malísimo que vos comerá?
O aninovo aseméllase á lotaría. Un comeza dicindo que oxalá lle toque o gordo. Logo, vai baixando as expectativas e ao cabo xa se conforma con que lle toque o reintegro para non perder os cartos xogados.
Co novo ano pasa algo parello. De primeiras, un espera un ano magnífico. Ao final, xa se conforma con que o ano que comeza, se non é mellor, que ao menos non sexa peor que o ano que termina.