AS XENTES DE TERCEIRO ANDAR

Pequena lembranza dos que nalgún momento formaron parte do grupo teatral galego Terceiro Andar, na Barcelona de comezos dos 80.

 

P. Vázquez, unha das pioneiras do grupo. A súa frase máis célebre, cando nos ensaios esquecía o texto, era: «non mo digades, non mo digades que o sei».

Con ela o simpático e peculiar Xoán Xil.

 

Anxo Baranga, actor, cartelista, deseñador de decorados e animador das reunións.

Cabo del, Mercedes Oubiña, outra das actrices pioneiras do grupo, que logo abandonaría por motivos persoais.

 

Manolo García, un actor e colaborador cheo de entusiasmo. Morrería meses despois nun accidente de tránsito con pouco máis de vinte anos.

Entre os seus brazos: Carmen Boixet e Sara Sanjurjo.

 

Eva Carral, tamén das primeiras en formar o grupo. Sería unha boa actriz de carácter.

 

José Antonio González. Aínda que foi un dos actores iniciais do grupo, deixaríao pronto por motivos persoais.

 

Joan Hernández. Participou en varios ensaios para acompañar musicalmente os espectáculos para nenos. Nunca chegou a actuar con nós.

 

María Jesús García. Actriz e construtora de decorados. Fixo un gran papel en Interpretado a Karin.

 

Firmino Pereira, un home para todo. De carpinteiro ou electricista a fotógrafo -as dúas primeiras fotos que aparecen neste artigo son súas-, pasando por animador do grupo. A súa frase característica, no momento de montarmos os decorados, era: «Sacade de aí e deixade que o faga eu, porque non valedes pra nada».

O ar de luxuria que transmite esta fotografía, a carón de Sara Sanjurjo, é só aparente... Supoño eu.

 

Mónica Torn. Actuou con nós nun espectáculo infantil en Castelldefels durante a festa do 25 de xullo.

Foi aquela a única vez en que eu escribín uns diálogos de humor pallasesco, cheos de repeticións e frases de senso ambiguo, que aprendera dos irmáns Tonetti entre outros.

 

Mercedes García. Actriz, cartelista, deseñadora de decorados e de vestiario.

Esta parece a foto de promoción dunha actriz norteamericana dos anos 50, camisa a cadros e peiteado incluídos. Que Pollyanna perdeu a produtora Disney!

 


Carmen Boixet, catalana. Aínda que o seu primeiro contacto co mundo galego fora eu uns anos antes, defendeuse moi ben actuando en galego.

 

 


Sara Sanjurjo. Unha rapaza á que daba gusto dirixir pola súa gran versatilidade interpretativa. Era plasticina pura. Posteriormente traballaría noutros grupos co nome de Sara Sango.

 

 

Falta amentar a Aurelio Fariñas, un dos fundadores do grupo. Non dispoño de ningunha foto súa. Se alguén ten a amabilidade de me facer chegar unha, metereina.

__________

NOTA: As fotos que aquí aparecen, quitado as dúas primeiras, son de propiedade persoal, polo que non deben ser reproducidas publicamente sen o consentimento escrito do autor deste blog.