O OLLO PECHO

«Unha historia desacougante, abafante, terrible... A antítese entre o senso ácrata
do mundo de Rauleme e a propia realidade obxectiva, é dicir, do xeito de entende-la realidade dos personaxes e dos lectores, resulta dunha eficacia sorprendente, inesperada».


Xavier Castro Rodríguez (?) – EL CORREO GALLEGO

___________


«A novela breve O ollo pecho é un dos mellores exemplos que se poden atopar de novela negra, (iconoclasta de escrita aceda e moi persoal, constrúe un discurso de estrutura case impecábel cun enxeñoso e acertado dominio da lingua, tanto de rexistros cultos como da xiria dos delincuentes urbanos)».

Historia da literatura - Ed. A Nosa Terra

___________


«O ollo pecho é desde todos os pontos de vista unha novela das máis orixinais que se teñen escrito nas últimas décadas».

Xosé Manuel Eyré – A NOSA TERRA

___________


«O ollo pecho é unha obra mestra pola linguaxe, pola técnica narrativa, pola descrición interna da personaxe principal e porque introduce o narrador, por primeira vez, unha conceición tráxica da vida na narrativa galega.
O ollo pecho e outras historias desagradables é un dos títulos narrativos galegos máis importantes dos últimos anos».

XGG – EL PROGRESO

___________


«O ollo pecho e outras historias desagradables regalounos unha escrita baudelairiana, dospassiana, ecléctica por definición e avanzada ao seu tempo que convén recuperar. Ler as súas historias é regresar ao mellor dunha década que cimentou o edificio literario que no presente teimanos en erguer».

Armando Requeixo – A NOSA TERRA

Ningún comentario: