A adaptación mantense fiel á obra orixinal. A maioría dos diálogos son os de Comedia, fóra das chamadas “palabras malsoantes”, engadidas polo adaptador baixo a discutíbel escusa de que dan naturalidade.
Proxectada en diversos festivais, atinxiu case cincuenta premios en todas as categorías (mellor curtametraxe por votación do xurado e do público, mellor interpretación masculina e feminina, mellor realización e mellor guión) e foi elixida (segundo información da páxina www.culturagalega.org) unha das cinco mellores curtametraxes do ano 2007 polo programa de Radio Nacional de España El séptimo vicio.
[Sálvame! está dispoñíbel en Vimeo e en Youtube]
Ningún comentario:
Publicar un comentario