O INFORME DO EMPREGADO MENDES


«Colección de relatos escritos nun moi elaborado e rico galego (no que non faltan licencias seguramente discutibles). Son, logo, todos eles contos de gran alento literario».

«As dúas historias de Bana Nnagú, inclúen un personaxe realmente orixinal e un uso do fantástico ao servizo dun humor, baseado no absurdo ou no inagardado, que me lembra algúns contos Zen (una tradición esta á que si resulta novidoso recorrer no noso contexto literario)».

I.E.X
_____

«Este Informe do empregado Mendes posúe unha lectura adulta tan fascinante como a dun cativo. Cun engadido, lonxe de referirnos á posibilidade de proxectar unha lectura adulta de contos para nenos, aquí a lectura adulta está tan presente como a infantil. Poucos, moi poucos e escollidos títulos deste xénero, fan gala dunha maxia tal».


X.M. Eyré - A NOSA TERRA

_____

Un dos deseños de Fernando Llorente que ilustran o libro.

1 comentario:

figueiras@filix.org dixo...

Na liña da túa obra, o libro é rachador e sorprendente... e fai asomar o sorriso agradecido por non parecer transcendente.

Ben podías poñer o correo para comentarche algunha cousiña que non deixa de ser urxente...

Saúdos