Aos vinte e cinco anos da estrea de Un pequeno favor, feita en Barcelona polo grupo Terceiro Andar –coas interpretacións de Anxo Baranga, Mercedes García e Manolo García, quen morrería meses máis tarde con apenas vinte anos–, e despois dalgunha que outra posta en escena por rapaces de institutos galegos, o grupo Furafollas representou novamente esta peza de humor negro que no programa de man anunciaban como:
Unha historia de humor perverso, surrealista, absurda que bebe do teatro de Ionesco. Unha comedia delirante, esperpéntica, crítica e rupturista, non apta para nenos pequenos nin para cristiáns practicantes.
Unha peza aceda, con chiscadelas ao cine negro, á mediática figura do psycho killer, aos clásicos do suspense e mesmo aos asasinatos entre veciños. Unha perfecta pescuda do crime imperfecto na que nada escapa da sátira demoledora que nos propón o seu autor.
Respecto do texto orixinal, a montaxe de Furafollas mantén as escenas das dúas personaxes masculinas, anteponlles un prólogo multimedia e suprime as da personaxe feminina (e con ela o desenlace da obra textual), producindo o que unha repórter definiu como «final forzado».
(Foto: Manolo García na versión de 1983)
Ningún comentario:
Publicar un comentario