Nalgunhas universidades do chamado mundo occidental acordaron que a existencia de xéneros sexuais é un calote puramente cultural que non se corresponde con nada da realidade, con nada da natureza. Consecuentemente, falar de homes e de mulleres, de masculino e feminino, é un convencionalismo arcaico e reaccionario do que se debe fuxir.
O anterior, inflúe na linguaxe con resultados coma estes:
Programa de festas do ano 2021 nunha poboación catalá:
«Veciños e veciñas traballaron con entusiasmo para que estas festas sexan...»
Programa da mesma poboación no 2023:«O tecido social e cultural [da vila] entregouse de cheo para a celebración destas festas...»
Os veciños e veciñas son agora un amorfo tecido social.
Obsérvese que o tecido cultural e o tecido social parecen ser dous elementos diferentes, o que alegrará os culturetas, convencidos como están de seren o pulmón do mundo.
Máis chocante é o caso do goberno belga, quen, para eludir a palabra muller nunha campaña de prevención do cancro de útero, empregou este slogan:
Está vostede entre os 25 e os 64 anos e ten vostede un útero?
Ningún comentario:
Publicar un comentario