Devolto ao Sul, aquí repousa baixo o sol do Midi, que xa fosilizou esa dor eterna que alguén manifestou na súa lápida.
HAI HOXE CEN ANOS
A casualidade tróuxome xusto hoxe diante da tumba deste rapaz que seguramente foi conducido un día desde as súas cálidas terras no sul de Francia deica as brétemas do norte pra combater nunha guerra na que morrería, hoxe hai cen anos, con só dezanove.
Devolto ao Sul, aquí repousa baixo o sol do Midi, que xa fosilizou esa dor eterna que alguén manifestou na súa lápida.
Devolto ao Sul, aquí repousa baixo o sol do Midi, que xa fosilizou esa dor eterna que alguén manifestou na súa lápida.
POR NÓS NON PASA O TEMPO
Iso lembroume que hai
trinta anos, cando se publicou Un pequeno
favor e outras historias de humor perverso (que en varias referencias aínda
aparece como ... outras historias de amor perverso, porque a xente pensa
no que pensa), eran moitos os que valoraban por riba de todo que se tratase dun libro de humor, algo que parecía
constituír un mérito en si mesmo nun país en que o humor literario non existía e onde, como alguén escribiu
daquela: «calquera día imos morrer dun ataque de transcendencia».
Se coñece que, trinta anos despois, as cousas teñen mudado
pouco.
A GALICIA ESQUIZOFRÉNICA
Ocorreu nun restaurante de Sada:
Un camareiro e un home da cociña falan galego entre eles.
No comedor, un mozo e unha moza que ocupan unha das mesas falan tamén galego entre eles.
O camareiro achégase á parella e, falando español, dilles o menú. A moza, tamén en español, pregúntalle sobre os ingredientes dunha salada de bacallau. O camareiro, sempre en español, detállallos. A parella escolle e fai a encomenda en español. O camareiro anota e vaise.
A moza e o mozo volven falar galego entre eles.
O camareiro e o home da cociña seguen tamén a falar galego entre eles.
Conclusión? Nunca fales galego cun estraño.
A GALICIA PARVA DO CU
Aconteceu nun mesón de Vilagarcía da Arousa:
Unha moza séntase nunha mesa e pide unha auga mineral.
En Galicia, terra de augas minerais variadas, a camareira sérvelle unha auga… catalá.
A moza pide logo algo para comer.
A camareira pon sobre a mesa un manteliño de papel no que aparece a expresión BON PROVEITO en catro linguas: francés, alemán, español e… catalán.
A Galicia parva do cu en estado puro.
Unha moza séntase nunha mesa e pide unha auga mineral.
En Galicia, terra de augas minerais variadas, a camareira sérvelle unha auga… catalá.
A moza pide logo algo para comer.
A camareira pon sobre a mesa un manteliño de papel no que aparece a expresión BON PROVEITO en catro linguas: francés, alemán, español e… catalán.
A Galicia parva do cu en estado puro.
PERO EN MANS DE QUEN ESTÁN OS DICIONARIOS?
Procuraba eu nun dicionario galego sinónimos de chocolate, esperando encontrar voces como cacao, bombón, onza, libra, larpeirada, lambiscada, etc., e atopeime coa sorpresa de que os únicos sinónimos de chocolate que coñece o autor dese dicionario son: costo, hax e haxix.
(Hai que dicir, en xustiza, que entre os sinónimos de francés si que inclúe galo. Algo é algo...)
(Hai que dicir, en xustiza, que entre os sinónimos de francés si que inclúe galo. Algo é algo...)
OS FILÓLOGOS E AS VOCES POTENCIAIS
Eu tiña dos filólogos unha imaxe de xente pouca seria tras ler nun dicionario portugués que a palabra carambola procede do francés (carambole), e nun dicionario francés que carambole procede do portugués (carambola).
A miña opinión verbo deles mudou cando lle botei un ollo á primeira normativa da lingua galega. Alí podíase ler nunha páxina que, entre as variantes A e B dun vocábulo, se escollía como normativa a forma A, xa que se ben a forma B era a máis habitual no galego moderno, a forma A era a de maior tradición histórica.
Máis adiante indicábase que entre as variantes E e F doutra voz, se optaba pola forma E como normativa, pois se ben a forma F correspondía a unha maior densidade demográfica, o uso da forma E dábase nunha maior extensión xeográfica.
Na páxina do lado enunciábase que entre as variantes G e H doutra palabra, se elexía como normativa a forma H, pois se ben a forma G ocupaba unha maior extensión xeográfica, a forma H tiña máis presenza demográfica.
Apampado por este rigor de criterios mudei de parecer e ademais descubrín as voces potenciais.
Se un vocábulo presenta dúas variantes, unha que se utiliza, poñamos por caso, nos montes de Lugo e Ourense e a outra nas cidades da Coruña e Vigo, esta última ten, desde logo, maior presenza demográfica, o que podería xustificar a escolla como voz normativa. Mais, dado que a variante dos montes de Lugo e Ourense se emprega acotío mentres que un pode pasar o día enteiro polas rúas da Coruña ou Vigo sen sentirlle a ninguén unha papa de galego (quitado que por galego se entenda Ciao e outras délicatesses plurilingüísticas), encontrámonos con que a variante demográfica do vocábulo en cuestión é unha voz potencial, posto que sería a usada na Coruña e Vigo no caso hipotético de que algún día a esa xente se lle ocorrese falar galego por un ataque de desorientación mórbida, quenturas tifoides, obnubilación circunstancial ou outra calamidade polo estilo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)