REESCRIBINDO A ROSALÍA DE CASTRO


C
hegou a hora de que tamén en Galicia comecemos a reescribir os nosos clásicos para limpar os seus textos de elementos vergoñosos, reaccionarios e perturbadores.

Vexamos estes versos:

Este vaise i aquel vaise

E, todos, todos se van.

Galicia, sin homes quedas

Que te poidan traballar.

 

Texto profundamente machista de Rosalía de Castro, onde se nos di que Galicia é obra dos homes, e que se os homes se van, as mulleres non serán quen de sacar Galicia adiante, ergo que son seres secundarios e inútiles.

Peor aínda: estes versos estanse a ler actualmente nas escolas, o que mostra a neglixencia do persoal docente, malia que, ademais do anteriormente exposto, conteñen un verbo violento que pode traumatizar a mente en formación dos escolares: traballar, palabra con fondas connotacións capitalistas, opresoras e escravistas.

En futuras edicións da obra de Rosalía de Castro, e co fin de limpar a nosa literatura de expresións e contidos retrógrados, estes versos deberán publicarse así:

Este, esa i aquelæ vanse

E, todos, todas, todæs se van.

Galicia, sen seres humanos de calquera xénero, raza, relixión e ideoloxía quedas

Que por ti poidan mirar.

POBREZA EXTREMA

Segundo un informe do pasado mes de abril, en Galicia, xa padecen unha situación de pobreza severa máis de 170.000 supremacistas brancos. 

FERIR A SENSIBILIDADE

Cando se fala diante de xente, hai que ser moi coidadosos co que se di, co fin de non ferir a sensibilidade das persoas que imaxinan que a teñen.