CASTELANISMOS... OU NON TANTO?

 Na súa crítica a Soamente unha vez, crítica máis abaixo reproducida parcialmente, Xosé M. Eyré sinala o seguinte:

[O autor] tamén usa vocabulario innecesariamente dependente do castelán (“boquiaberto”) e tamén na fraseoloxía (“fai unha diabrura”, “custase o que custase”, “con esas me vés agora”, “colle pan e molla”…)

 

Vexamos:

No caso de «colle pan e molla», o personaxe que pronuncia a frase indica que está a reproducir unha expresión de moda nun momento dado, polo que, ao ser unha citación literal, ten unha forma fixada.

 

A suposta dependencia do castelán de «con esas me vés agora» non a comprendo. Trátase dunha construción de uso común en galego popular, unhas veces co verbo vir  e outras con saír: 

Mira con que me vén agora, eh! 

E mira agora con que me sae!

 

«Custase o que custase» sería o equivalente do portugués custe o que custar.  Aquí, tendo en conta que a frase está pronunciada por un personaxe no curso dunha conversa coloquial, meter ese que custar daríalle un cariz literario pouco críbel.

 

FAI UNHA DIABRURA

(Dicio – dicionario de portugués): 

DIABRURA [figurado] Travessura de criança (a criança enfurecía o professor fazendo diabruras).

Diabrura aparece tamén en varios dicionarios galegos. 

 

BOQUIABERTO

(Dicionario Priberam de portugués):

BOQUIABERTO Adjectivo. 1) De boca aberta. 2) (figurado) Pasmado (Confesso que fiquei boquiaberto).

Boquiaberto atópase igualmente en dicionarios galegos, entre eles o antigo da RAG,

Por certo, no portugués brasileiro existe o verbo boquiabrir (apampar)

 

Lido o anterior, por que dicir que son castelanismos? Ou por que dicir que son castelanismos e non lusismos?

Ningún comentario: