Por que a RAG, se
hai que denominar un produto cun nome
que vén do latín mustum, o que no
francés derivou primeiro en moustarde e
logo en moutarde, e no italiano e
portugués en mostarda, escolle o español mostaza para o galego?
Por que a RAG, á hora de importar o vocábulo da xerga inglesa vamp (muller fatal), que pasou ao francés e ao italiano coa mesma forma e ao portugués como vampe, elixe para o galego o español vampiresa?
Por que a RAG lle dá
prioridade á voz coincidente co español salsa, e pon nela as diferentes definicións
(salsa boloñesa, cazadora, etc.), e non á galega mollo?
Por que a RAG, cando agrega novos vocábulos, prefire
os españois ciberdelincuencia, ciberdelincuente e ciberdelito aos portugueses cibercriminalidade,
cibercriminal e cibercrime?
En que lingua está escrita esta
definición do dicionario da Academia, composta de
once palabras: Forma verbal
latina que equivale a un participio de futuro pasivo?
Canto tempo cumprirá no futuro para limpar do dicionario da Academia os inventos lingüísticos do profesor Bacterio?
Ningún comentario:
Publicar un comentario