PROBLEMAS E SOLUCIÓNS

 Pois xa o sabes:

Se ti non es a solución ao problema que o señor McEwan ten en Shoshone, Idaho, coa señora McEwan, é que o problema es ti, así que procura que iso non chegue a ouvidos do señor McEwan, porque é un home irascíbel e de gatillo fácil.

Unha frase oca e pseudotranscendente, aínda que se escriba en mil paredes, segue a ser unha frase oca e pseudotranscendente.

A ESQUERDA EUROPEA

Decidirase por fin a esquerda europea en 2026 a presentar programas realistas e críbeis ou, cada vez que haxa eleccións, continuarán a contarnos, por vixésimo ano consecutivo, o conto de: Ou nos votades a nós, ou virá un lobo malísimo que vos comerá?

O NOVO ANO

 

O aninovo aseméllase á lotaría. Un comeza dicindo que oxalá lle toque o gordo. Logo, vai baixando as expectativas e ao cabo xa se conforma con que lle toque o reintegro para non perder os cartos xogados. 

Co novo ano pasa algo parello. De primeiras, un espera un ano magnífico. Ao final, xa se conforma con que o ano que comeza, se non é mellor, que ao menos non sexa peor que o ano que termina.