FACER ANOS
Cando fas anos, todos os amigos che desexan que fagas moitos máis. Porén, ningún deles se molesta en preguntar se realmente queres facelos.
VACAS SAGRADAS
O único que envexo das vacas sagradas, é que poden soltar en público pseudotranscendencias estúpidas con ar solemne sen que ninguén se lles escache de risa nos fociños.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)