SOAMENTE UNHA VEZ – COMENTARIOS CRÍTICOS


O autor bota man dunha ben rica fraseoloxía, tanto na narración como nos diálogos.

Non agarden máis. É unha desas lecturas que sempre se agradecen.

(X.M. Eyré - Ferradura en tránsito II)

  _____________

Nesta novela hai momentos verdadeiramente ácidos, (...) porque esta é unha novela en moitos sentidos desapiadada

Unha das cousas que me agradou máis desta novela é xustamente o foco; como presenta todo este mundo moi avolto, moi complicado, e faino co humor. (...) Un humor moi ácido.

(Armando Requeixo - Diario Cultural – CRTVG)

 _____________

A enxeñosa resolución do caso (...), alén dun rexistro lingüístico excelente e un ritmo narrativo áxil (...), son factores que cómpre situalos, non teño dúbida, no haber desta novela policial diferente.

                     (Ramón Nicolás - La Voz de Galicia)

 

1 comentario:

Anónimo dixo...

Mondelo, en tu novela he notado un poquitín de mala leche con el histórico sindicalista y he echado en falta alguna referencia a los Galil.