Segundo a páxina da RAG, as cinco palabras máis buscadas no seu dicionario hoxe, 17-2-22, foron as seguintes:
Soma
cona
pene
cuncha
máis
Que nivelazo!
Só faltan cu e puta para atinxir a matrícula de honra.
Segundo a páxina da RAG, as cinco palabras máis buscadas no seu dicionario hoxe, 17-2-22, foron as seguintes:
Soma
cona
pene
cuncha
máis
Que nivelazo!
Só faltan cu e puta para atinxir a matrícula de honra.
Crítica de ARMANDO REQUEIXO en DIARIO CULTURAL da Radio Galega.
[José Mondelo] aquí, en Soamente unha vez, revalida esa aura que o rodea de escritor atípico e iconoclasta.
(...) O que quere facer [nesta novela] é convidarnos a que repensemos o que damos moitas veces por bo e por esperable neste tipo de escrita (...) Aquí efectivamente hai a desaparición dunha muller en estrañas circunstancias como pasa nas novelas negras, digamos, ao uso. Hai tamén a aparición dun cadáver (...) e incluso hai un inspector-xefe que investiga. Pero non é unha novela negra. Ou polo menos non é unha novela negra tal como estamos afeitos a vela. Eu entendo que é unha parodia realmente, unha caricatura, ou se se me permite a palabra un pouco máis escura, unha desconstrución da novela negra (...) Despois de ler a José Mondelo, un se decata de que o que estamos consumindo como novela negra, ten moito de pacto da lectora, do lector co autor, coa autora, pero que en realidade é unha creación, un mundo ficcional (...) pero outra cousa é como pasan as cousas na realidade, que é o que nos propón nesta novela José Mondelo; que é o que acontece en realidade nas investigacións policiais e na vida do detectivesco.
(...)
Nesta novela hai momentos verdadeiramente ácidos, (...) porque esta é unha novela en moitos sentidos desapiadada (...) Fala moito sobre a esfera do xudicial, dos xuíces e dos políticos. (...) De como hai esas conivencias, de como moitas veces terroristas, asasinos, etc., poden ser en determinados momentos, se son aliados proveitosos, protexidos polos Estados ou polos gobernos (...)
Unha das cousas que me agradou máis desta novela é xustamente o foco; como presenta todo este mundo moi avolto, moi complicado, e faino co humor. (...) É un humor moi ácido, perfectamente retranqueiro, moi noso e é sarcástico en moitas ocasións.
Reseña enteira en:
http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/diario-cultural
Data: 25/1/22 Hora: 10:30
Foto café Victoria, cortesía de MCC