Pequena lembranza
dos que nalgún momento formaron parte do grupo teatral galego Terceiro Andar, na
Barcelona de comezos dos 80.
P. Vázquez, unha
das pioneiras do grupo. A súa frase máis célebre, cando nos ensaios esquecía o texto,
era: «non mo digades, non mo digades que o sei».
Con ela o simpático e peculiar Xoán Xil.
Anxo Baranga,
actor, cartelista, deseñador de decorados e animador das reunións.
Cabo del, Mercedes
Oubiña, outra das actrices pioneiras do grupo, que logo abandonaría por motivos
persoais.
Manolo García, un
actor e colaborador cheo de entusiasmo. Morrería meses despois nun accidente de
tránsito con pouco máis de vinte anos.
Entre os seus brazos:
Carmen Boixet e Sara Sanjurjo.
Eva Carral, tamén
das primeiras en formar o grupo. Sería unha boa actriz de carácter.
José Antonio
González. Aínda que foi un dos actores iniciais do grupo, deixaríao pronto por
motivos persoais.
Joan
Hernández. Participou en varios ensaios para acompañar musicalmente os
espectáculos para nenos. Nunca chegou a actuar con nós.
María
Jesús García. Actriz e construtora de decorados. Fixo un gran papel en Interpretado
a Karin.
Firmino Pereira,
un home para todo. De carpinteiro ou electricista a fotógrafo -as dúas primeiras fotos
que aparecen neste artigo son súas-, pasando por animador do grupo. A súa frase
característica, no momento de montarmos os decorados, era: «Sacade de aí e deixade
que o faga eu, porque non valedes pra nada».
O ar de luxuria
que transmite esta fotografía, a carón de Sara Sanjurjo, é só aparente... Supoño
eu.
Mónica Torn. Actuou
con nós nun espectáculo infantil en Castelldefels durante a festa do 25 de
xullo.
Foi aquela a única vez en que eu escribín uns diálogos
de humor pallasesco, cheos de repeticións e frases de senso ambiguo, que
aprendera dos irmáns Tonetti entre outros.
Mercedes García.
Actriz, cartelista, deseñadora de decorados e de vestiario.
Esta parece a
foto de promoción dunha actriz norteamericana dos anos 50, camisa a cadros e
peiteado incluídos. Que Pollyanna perdeu a produtora Disney!
Carmen
Boixet, catalana. Aínda que o seu primeiro contacto co mundo galego fora eu uns
anos antes, defendeuse moi ben actuando en galego.
Sara
Sanjurjo. Unha rapaza á que daba gusto dirixir pola súa gran versatilidade
interpretativa. Era plasticina pura. Posteriormente traballaría noutros grupos co
nome de Sara Sango.
Falta amentar a
Aurelio Fariñas, un dos fundadores do grupo. Non dispoño de ningunha foto súa.
Se alguén ten a amabilidade de me facer chegar unha, metereina.
__________
NOTA: As fotos
que aquí aparecen, quitado as dúas primeiras, son de propiedade persoal, polo
que non deben ser reproducidas publicamente sen o consentimento escrito do
autor deste blog.