Acabo de saber, polo programa da TVG DÍGOCHO EU, que en galego o verbo facer non se emprega con fenómenos de tempo. O correcto é empregar o verbo ir. Parece lóxico, porque para describir un fenómeno estático nada mellor que un verbo de movemento.
E por que facer frío é incorrecto? Pois, explícannos, porque facer frío vén do castelán hacer frío.
Como diría unha actriz porno en plena exhibición das súas habilidades profesionais: Oh my God!
Facer frío é a construción maioritaria en galego, cento por cento autóctona e correctísima. Por que?
Porque FACER é o verbo que empregan as linguas latinas para se referiren a ese estado climático: o español (HACE frío), o catalán (FA fred), o francés (il FAIT froid), o italiano (FA freddo), o galego (FAI frío) e o portugués (FAZ frio).
Si, o portugués, porque non é certo que o portugués non use o verbo
FACER, como afirman nese programa.
Dicionario português - Usos de FAZER: Indica o tempo atmosférico (hoje faz muito calor).
Teñen razón en que a construción máis común é con ESTAR (está frio), mais a construción con FAZER segue viva. E non é raro ouvir: Esta noite faz muito frio; lá faz mais frio que aqui; faz un pouco de frio ao cair da noite; quando faz frio ficamos em
O restaurante FAZ FRIO de Lisboa |
Ningún comentario:
Publicar un comentario