AFIRMACIÓNS CON RISCO
Dicía hai pouco un político galego reconvertido que a
coligación de diversos partidos ou movementos políticos de cara as
vindeiras eleccións autonómicas «responde
a esa unidade de acción política que reclaman os cidadáns, que son sumamente
intelixentes».
Deixando a unha
banda a irrespectuosa teima dos
políticos de dividiren os cidadáns en intelixentes (os que os votan a eles) e parvos
(os que votan a outros), e a escarallante propensión a sentiren clamores populares que chaman por eles, a afirmación que fai este político resulta de
alto risco en vésperas dunhas eleccións. Porque, no caso de que esa coligación política non
acade votos dabondo, que debemos pensar? Que os cidadáns non son tan sumamente
intelixentes como se cría e que por iso non lle deron os seus votos? Ou
que, polo contrario, si que son sumamente intelixentes e que por esa
razón votaron a outros?
Da profecía ao
ridículo pode haber media migalla.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario