Despois da decisión da editorial Grand Central Publishing de non publicar Apropos of Nothing, libro de memorias de Woody Allen, por causa das protestas de Ronan Farrow e outros representantes –quéirano eles ou non– do puritanismo histérico americano (véxase máis abaixo a entrada Liberdade baixo sospeita), resulta reconfortante atoparse coa reacción da editora italiana de Allen, Elisabetta Sgarbi, quen di:
«Eu decidín publicar o libro porque os libros deben ser publicados. Logo, cada un ten a liberdade de lelos, de ignoralos, de detestalos ou de esnaquizalos.
Se tivésemos que ter en conta a conduta moral ou os antecedentes penais dos artistas, as bibliotecas e os museos estarían baldeiros. A arte e o xuízo estético teñen unha autonomía sacrosanta respecto da moral.
Non admiramos a Caravaggio, que foi un asasino que escapou á lei? Non lemos a Passolini, que tamén tivo problemas coa Xustiza? Unha cousa é unha condena xudicial e outra o xuízo estético dunha obra de arte.
A liberdade debe ser absoluta na arte e na literatura. Censura preventiva, xamais!»
Ningún comentario:
Publicar un comentario