Vendo o numeroso e ardente acollemento que houbo nalgúns aeroportos a quen participaron na flotilla Global Sumud a Gaza, diríase que en vez de acabar de chegar dunha viaxe enteiramente predicíbel, pois xa se sabía que á arribada os deterían para deseguido devolvelos a orixe, a moitos deles de moca (que sorte, carallo!), acababan de voltar da fronte de Stalingrado ou de facerlle morder o po á pérfida Sión.
PODIÁMOLO DICIR ASÍ...
ÓSCAR PUENTE, O INCIDENCIAS
O ministro de Transportes, Óscar Puente, declara que os problemas, incidencias e atrasos nos trens españois continuarán outros dous anos. Dito doutra maneira: Óscar Puente será ministro de transportes dous anos máis.
OS PERIGOS DA MUDANZA CLIMÁTICA
Prensa:
Información número un:
«Debido á mudanza climática, os incendios forestais aumentarán máis dun 30% nos vindeiros anos».
Información número dous:
«Sospéitase que máis do 80% dos incendios forestais son intencionais.»
Conclusión:
Nos vindeiros anos, a mudanza climática terá unha incidencia sobre o cerebro dos pirómanos forestais que os levará a actuar un 30% máis de veces.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)