Desde que a RAG converteu munxir en muxir, e muxir en bruar, a vaca galega presenta unha estraña diglosia.
Cando a vaca se acha no ámbito familiar, muxe (con conxugación non adulterada) ou amúa coma fixo toda a vida, e polo tanto fai muuuuuuu.Porén, cando se atopa en feiras ou outras convencións sociais dunha certa etiqueta, a vaca galega exprésase normativamente e brúa, e polo tanto fai bruuuuuuu.
A vaca galega reintegracionista unicamente muge. Presume de prosapia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario