VIOLACIÓNS E SENTENZAS

Despois da sentenza por violación contra os xogadores da Arandina, cabe preguntarse: cumpría facer ese xuízo e outros parellos?


Porque, desde o momento en que o simple testemuño da presunta vítima é considerado unha proba firme e irrefutábel, o acusado xa está condenado.


É dicir: se A afirma que foi violado por B, e a palabra de A é aceptada como proba concluínte dos feitos, B resulta automaticamente culpábel dun delito de violación, polo tanto, boa gana de perder o tempo e os cartos do contribuínte facendo un simulacro de xuízo. Que se dite dereitamente a sentenza de culpabilidade que corresponda e xa está!

Ningún comentario: