CANDO A NOITE SE MOVE

Déitaste pola noite como cidadán dun país de democracia parlamentaria e érgueste pola mañá como cidadán dun país de democracia presidencialista, no que o presidente decide todo sen contar con ninguén e no que os deputados do Parlamento se comportan de acordo coa lei dos tres C: Consentir, Comer e Cobrar.

Déitaste pola noite crendo que o festival de Eurovisión é unha excrecencia kitsch que sobrevive para darlle ao pobo algo de circo e descobres, ao te ergueres pola mañá, que o festival de Eurovisión é un asunto de Estado de máxima prioridade.

Visto como se move a noite, non me estrañaría que calquera día me atope diante da casa, ao me erguer de mañá, cun monumento dedicado a Massiel de Aragón ou co muecín Uthman Sánchez-Ghazawi chamándonos á pregaria.

Ningún comentario: