BUCZACZ, GALICIA

Shmuel Yosef Agnon

Volvendo á débeda da literatura coa Galicia austrohúngara-rusa-ucraína-polaca, que amentaba no artigo GALICIA / GALICIA,  lembro agora o caso da pequena vila de Buczacz, da que, ademais de Simon Wiesenthal, o soado perseguidor de criminais nazis, saíron cinco ou seis escritores, entres eles Shmuel Yosef Agnon, o primeiro escritor de Israel que gañou un premio Nobel.

Buczacz era unha pequena vila histórica cunha poboación maioritariamente xudía (un 50%), ademais de polonesa (30%) e ucraína o resto. Na Segunda Guerra Mundial, os seus habitantes xudeus foron totalmente exterminados (uns 8000) polos nazis coa colaboración dos ucraínos. Estes últimos, tras o asasinato dos xudeus e a fuxida da poboación polaca, temerosa das limpezas étnicas dos nacionalistas ucraínos, poboaron a vila, apropiándose das casas e pertenzas de xudeus e polacos, e aló seguen.

 Shmuel Y. Agnon, foi quen dixo aquilo de: 

Hai dous tipos de oradores: os que antes de falar xa se sabe o que van dicir e os que despois de falar aínda non se sabe o que quixeron dicir.

Ningún comentario: