«Condenamos firmemente o emprego da forza por
parte do Estado de Israel (contra o Irán), en violación da Carta das Nacións Unidas e do
dereito internacional.»
«Os ataques militares non provocados contra un
membro soberano da ONU, os seus cidadáns, cidades pacificamente durmidas e
infraestruturas de enerxía nuclear son rotundamente inaceptábeis.»
Quen dixo isto?
Pois os rusos, autores dun ataque militar contra
o país soberano de Ucraína, os seus cidadáns –dos que xa asasinaron miles–, as
súas cidades pacificamente durmidas e as súas infraestruturas. E dixérono ao
día seguinte de facer varios ataques nocturnos contra a poboación civil, que
constitúe o seu albo habitual.
Para perfeccionar máis a cousa, Putin, agresor e
causante da guerra con Ucraína, país que xa admite abertamente que quere
conquistar enteiro (por se non estaba claro desde o primeiro día da invasión), ofreceuse como mediador para solucionar o conflito armado
israelo-iraniano.
Decididamente, Staley Kramer tiña razón: This
is a mad, mad, mad, mad world.