Eu sempre crera que o papa Francisco era arxentino, e agora souben que non, que era humilde.
Segue aos que buscan a verdade, foxe dos que cren que a atoparon.
O día que quedan os bolseiros facendo as definicións, lense cousas como esta no dicionario da RAG:
pancreatina
Substancia que obtén encimas, se obtén do páncreas de certos animais e se utiliza con fins terapéuticos.
_________
Para entendernos:
PANCREATINA – Mestura de enzimas, xeralmente orixinadas no páncreas, que, por conter fermentos dixestivos deste, é empregada no tratamento de certas dispepsias.
O alcalde que quixo deixar memoria do seu nome, aproveitando que Camilo José Cela fora laureado co Premio Novel.
Esta si que che é unha palabra! Olla pra acó:
Pneumoultramicroscopicossilicovulcanoconiótico,
que, como o su nome indica e calquera pode deducir, significa:
Relativo á pneumoultramicroscopicossilicovulcanoconiose,
é dicir, o que che pode pasar se inhalas a cinsa dun volcán.
Seguindo as rudas e inxenuas analoxías dos antigos, a cinsa dun volcán debería ser afrodisíaca, tanto polo símbolo do lume como pola forma do volcán.
En calquera caso, esta é unha desas doenzas que, con tal de non ter que escribir o seu nome completo, case que é preferíbel morrer.