GALICIA DESDE FÓRA

A RFI (Radio France International) informaba o outro día de que o domingo se celebrarían eleccións en España, concretamente 
«... no país Vasco-español, unha rexión industrial, e en Galicia, unha rexión de modestos pescadores e de labregos».
Para a RFI estamos logo, a xulgar pola súa adxectivación, entre a estampa decimonónica e a terceiromundista.


A ESTRAÑA CATEDRAL DE SANTIAGO

Eis a estraña catedral de Santiago que aparece na banda deseñada francesa «La mort aux quatre visages – De Vézelay à Compostelle». (2014)
 

Vista de lonxe...


E vista de preto...
O chocante é que o autor dos debuxos, o italiano Andrea Mutti (a nacionalidade axuda a comprender a ilustración), agradece o asesoramento da Association de coopération inter régionale Chemins de Compostelle, de Toulouse.
Vraiment incroyable !

HAI HOXE CEN ANOS

A casualidade tróuxome xusto hoxe diante da tumba deste rapaz que seguramente foi conducido un día desde as súas cálidas terras no sul de Francia deica as brétemas do norte pra combater nunha guerra na que morrería, hoxe hai cen anos, con só dezanove.
 


Devolto ao Sul, aquí repousa baixo o sol do Midi, que xa fosilizou esa dor eterna que alguén manifestou na súa lápida.